Wednesday 15 de May de 2024

A Coruña será o escenario do Campionato de España de ondas grandes desta tempada 2022


A organización dá luz verde para a celebración de Coruña Big Waves, que terá lugar no Portiño este sábado 19 de febreiro

Este sábado 19 de febreiro a cidade acollerá o Coruña Big Waves, campionato internacional de ondas xigantes que decidirá o campión nacional e autonómico de dita modalidade. As previsións meteorolóxicas son as idóneas para os e as deportistas grazas ao tren de borrascas que impactará desde este xoves na península.

Será a primeira edición deste evento impulsado polo Concello da Coruña. Hai xa 30 surfeiros confirmados para o sábado. A competición comezará ás 8.30 e rematará arredor das 16.00 horas, dando paso á entrega de trofeos. Antes, este mesmo xoves, haberá un adestramento no Portiño.

As ondas grandes son un fenómeno natural que cada día chama a máis adeptos, seguidores ou practicantes, ao longo da costa española. Dentro dos case 8.000 quilómetros de costa que contamos na península, a comunidade galega converteuse nun lugar de referencia nesta modalidade xa non só a nivel nacional senón tamén internacional.

A onda do Portiño
Na cidade da Coruña, a onda do Portiño, como afirman os que a coñecen ben, é unha esquerda moi potente e extensa na que é necesario adestrar para saber surfeala. Eric Rebiere, especialista en ondas grandes e descubridor do Portiño xunto ao galego Juan Fernández, comenta que “agora mesmo no mundo non hai ningunha onda así de grande nun centro urbano como A Coruña. A posibilidade de que a xente poida chegar practicamente andando desde as súas casas é espectacular”.

Rebiere é coñecedor desta onda desde hai moitos anos e asegura que “O Portiño ten un pico bastante definido, polo que é unha onda de fácil posicionamento, o que axudará aos